Molinero

Comezou no ano 1964 no mundo da música e aqui onde o vedes é un andaluz de pura raza o que lle encanta bailar, aínda que sexa tocando o mesmo tempo o tamboril.

Actualmente, acode a clases de percusión na escola de Cántigas e Frores e no seu tempo libre dedícase a bailar e a pasalo ben. En resumo, é o que nos proporciona a metade da enerxía ao grupo.

 

  

 

Eva

                                                                 

Comeza co acordeón no ano 1995 en María Castaña e ao mesmo tempo en clases particulares. Anos máis tarde acude á Escola de Música de Meira, coa profesora e gran acordeonista Marisa, para presentarse por libre aos exames do conservatorio en Vilalba. Chegado o día de marchar a estudar a Santiago de Compostela Filoloxía Clásica segue coa música na escola desa cidade coa profesora Eva Pato e nas foliadas e festas co grupo de amigas Dalavara onde pasa os seus anos de universitaria.

É a última incorporación ao noso grupo, etapa que comeza con moita ilusión e con ganas de facer bailar e divertirse a todo o mundo que nos escoite. Pois, segundo ela di, a música é expresión de sentimentos e expresalos axúdanos a ser máis felices.

 

 

                                                                                       

Ángel

                                                                  

Comezou coa gaita na Volta do Agro e continuou coa percusión, na especialidade do bombo, instrumento que domina perfectamente é por esta razón pola cal  toca no noso grupo. En canto o seu papel no grupo, é o que nos recarga as pilas cando estamos a piques de chegar   o final da xornada. Ademais, de darnos cana nas rumbas que tan ven acompaña. E a parte, é o que se encarga de que o grupo non pase “sede”. Actualmente, vai a clases de acordeón con Fran Cupeiro ( Castro R. de Lea ). No ano 2011 continua clases de gaita e percusión na Asociación Legua Dereita do Corgo.

  

Marinho

 

Principiouse na musica arredor do ano 1999 na Volta do Agro ( co profesor Uxio) na especialidade de gaita. O ano seguinte na mesma asociación tivo a profesor Juan Parga. Na actualidade, acode a clases de gaita en Cantigas e Frores e leva tocando o tambor dende fai cinco anos ( e aínda que  Molinero lle pide que toque o tambor no grupo este non se decanta a facelo). O seu papel no grupo e tocar a gaita  e axudar no aprendizaxe das partituras grazas o seus coñecementos de solfeo, os cales, está adquirindo na academia de Aquilino Jacob, no cal finalizou 4 de solfeo. No ano 2011 continua clases de gaita e percusión na Asociación Legua Dereita do Corgo. 

 

 Jose Álvarez Gayo (Pepe)

 

 

Comezou polo ano 1980 a súa paixón pola música galega na escola Cántigas e Froles. Foi no seguinte ano cando chegaría a tocar na Diputación baixo a dirección de E. Candal.

Por causas da vida e motivos laborais tivo que pausar o seu camiño polo mundo da música, pero isto non impediu que despois de 20 anos a retomase aínda con máis ganas. Tal foi o seu ímpetu que formou parte de María Castaña ata que se disolveu no ano 2010 pero apesar disto seguiu cara diante co seu hobby formando parte do grupo Abrente de As Nogais.

Finalmente dicir que dende o ano 2000 é membro do Orfeón Xoan Montes, ademais de formar parte do noso grupo dende fai xa ano e medio.

Un claro exemplo de que un artista que lle apaixone a música sempre a levará consigo e por moito que pasen os anos o verme non parará ata buscar o que quere, que neste caso é o gusto pola tradición musical galega.

  

Laura

 

Comeza con tan só oito anos coa gaita co mestre Pepe Vaamonde en Ribeira de Piquín. Sete anos máis tarde uniuse a Escola de música de Meira, onde estuda solfeo e sigue coa gaita a mans do profesor Bruno Villamor, formando parte da Banda Municipal de Gaitas de Meira.

Recentemente acudiu a Escola de música de Fingoi de novo co mestre Pepe Vaamonde, xurdindo neste periodo a oportunidade de entrar neste grupo, Arrincadeira Folk. 

Chema


Comeza a súa andadura na música cun instrumento tan fermoso como é a gaita, na escola de María Castaña xa polo ano 1997. Despois de impregnarse da cultura que lle ofreceu este instrumento decantouse por comezar outro diferente, tal como é o clarinete, o mesmo tempo que iniciou os seus cimentos no mundo da linguaxe musical, na Casa da Música de A Pastoriza pola man do músico Rubén Veiga.

Despois dun tempo de reposo e descanso da música, reanuda a súa andadura na escola da música de Lugo. Este novo rexurdir permitelle otear as distintas posibilidades grupais que permite unha arte tan maxestuosa como é a música, satisfacendo así o seu gusto musical con agrupacións como a Charanga “A Excusa” e o grupo “Arricandeira”.

Dentro da amplia gama de recursos musicais dos que se pode falar deste apaixonado pola música,  pódese destacar a súa humilde habilidade ca guitarra e o seu alegre soplo no whistle’s. 

 

 

Uxia

 

A benjamina do grupo e comezou os seus estudos de música na especialidade de pandeireta con Juan Parga, máis tarde estivo en Cantigas e Frores. Máis tarde decantaríase a tomar en serio os seus estudos musicais e decidiu entrar no conservatorio profesional de música de Lugo no cal estuda frauta traveseira. Actualmente, está en sexto de grado profesional. Cabe dicir que acudiu a diversos cursos de especialización de frauta.

No grupo toca a pandeireta e a frauta aportando a gran dulzura sonora que aporta este instrumento tan fermoso.

 

Gerardo

 

Foi uns dos fundadores do grupo xunto con Ángel, Marinho e Uxia. Entrou no grupo cursando 4 de grao elemental no C.M.U.S de Lugo. A día de hoxe xa rematou o grado superior de música no Conservatorio Superior de Coruña, na especialidade de saxofón. Tamén forma parte doutras agrupacións, como é o caso da Charanga Madialeva e Banda Filarmónica de Lugo. Durante a súa formación tamén se iniciou na guitarra electrica a cargo do profesor Aquilino Jacob (Lugo).

  

 

058868

Creampie