Arrincadeira                      

 

O grupo de folk galego Arrincadeira comezou a súa andaina en xuño do 2004. Nun principio, formábamos o conxunto cinco compoñentes con: dúas gaitas, un saxofón, un bombo e unha pandeireta. Pasado o tempo, fomos incorporando novos compoñentes os cales, achegaron  dous acordeóns e un tamboril.

Os ensaios realizámolos na antiga escola de Castelo (Lugo). A nosa idea de formar un grupo de tales características é unha tarefa  difícil e que implica unha dedicación plena. Por estas razóns e engadindo  o ritmo de ensaios e actuacións que foron xurdindo, algúns dos nosos compoñentes  tiveron que abandonar.

No ano 2006, o grupo vólvese a reformar marchando desta vez os dous acordeistas, un dos  gaiteiros e o encargado do  tamboril. Como resultado, quedámonos  catro integrantes dos cales, eramos familia dous a dous, noutras palabras, o bombo e a pandeireta son pai e filla; mentres que o saxofón e a gaita son pai e fillo. Debido a escaseza de membros  houbo que buscar máis músicos xa que tíñamos a intención de  sacar adiante o grupo. O ir agora a única  gaita do grupo a clases en Cántigas e Frores tivo a posibilidade de coñecer a tres gaiteiros e un tamboril, os cales,  posuían as cualidades necesarias para pertencer o noso proxecto. Así foi,  propuxémoslles a idea de pertencer o noso grupo e eles aceptaron sen titubear. Debeulles de gustar xa que, dende ese día ata  hoxe seguemos a ser nove integrantes. Neste pequeno percorrido que fixemos pola historia do grupo aínda non personalizamos os compoñentes polo que, agora, ímoslles a nomear, forman parte deste proxecto musical:  Ángel (bombo), Uxia (pandeireta e frauta traveseira), Molinero (tamboril), Gerardo (saxofón), Eva (acordeón), Chema (clarinete), Laura (gaita), Bernardo Marinho (gaita), Jose (gaita).

A primeira actuación que tivemos foi no ano 2004 nun magosto no taller Ángel, o que se encarga de mallarnos os oídos co son do bombo (é unha broma, non creades nada), ese día estivemos ata as tantas da mañá.

 Dende que esta idea era un simple xermolo ata o día de hoxe, o noso  grupo Arrincadeira  tivo numerosas actuacións as cales, van aumentando en número  ano tras ano.

O compromiso que mostra a xente a hora de contratarnos e o seu recibimento en cada unha das actuacións fai que o grupo se sinta sumamente orgulloso. O grupo agradece con toda a súa alma esta implicación do público e como agasallo dámoslles, con todo gusto, conta  destas actuacións a través da nosa páxina web. Nela mostrarémoslles fotos, videos, etc.

Membros do grupo de esquerda a dereita: Ángel, Uxia, Molinero, Gerardo, Chema, Eva, Bernardo Marinho, Laura, Jose. 

 

058870

Creampie